O premio ao mellor documental etnográfico viaxa a Italia con Nimble Fingersde Parsifal Reparato.
O xurado decidiu premiar como Mellor Película Galega nesta 14ª edición a Hora Silenciosa, da directora Noelia Mª Muíño.
O premio do público foi para Mot de passe: Fajara de Patricia Sánchez Mora e Séverine Sajous.
Nimble Fingers e Hora silenciosa, gañadoras desta 14ª MICE, proxectaranse mañá domingo 31 de marzo ás 22h no Teatro Principal.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2019. A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego entregou hoxe os premios correspondentes á súa 14ª edición. Nimble Fingers, de Parsifal Reparato, acadou o premio á Mellor Película Etnográfica: “por facer un retrato rigoroso das condicións e vicisitudes do traballo feminino en Vietnam e por mostrar, a través do cotián, aos aspectos subxacentes das transformacións socioeconómicas da globalización”.
O xurado, formado Beli Martínez (docente e produtora); Pepe Calvo (antropólogo e director do Museo Etnográfico de Castela e León); Joan Roura (antropólogo e membro de AGANTRO), Ana Catarina Pereira (investigadora e docente na Universidade da Beira Interior) e José María Folgar (profesor de historia do cine na USC), decidiu ademais facer unha mención especial ao documental Curupira, bicho do mato, de Félix Blume por “ser unha obra con sensibilidade etnográfica, polifónica e de gran depuración técnica” e por ter “como eixo narrativo o son e a natureza sen xerarquías”.
Leave a reply